“ A loita, a loita é de quen traballa, mudando o presente coas mans.”
-
O próximo sábado, 10 de Marzo, a MAREA de VIGO celebramos o DÍA da
CLASE TRABALLADORA GALEGA, que como a maioría das celebracións de
clase teñen atrás unha tráxica lembranza.
O día 10 de marzo do ano 1972, no Ferrol, dous traballadores da factoría
de Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla, morreron por disparos da policía e
moitos mais resultaron feridos na defensa dos seus postos de traballo.
Aqueles feitos foron o detonante de unhas mobilizacións sin igual en
moitas cidades do estado español.
-
En Vigo no mes de setembro dese mesmo ano, a clase traballadora das
principais empresas, conseguiu paralizar a cidade mediante unha folga
que mesmamente fixo intervir aos máis altos xefes do franquismo, cando o
gobernador civil de Pontevedra daquela, tratou de negociar vendo a
magnitude da folga.
-
Dende aquel 1972 as traballadoras e traballadores galegos conseguimos
avances nos nosos dereitos, avances que foron e están sendo minguados
polas políticas dos gobernos da socialdemocracia e da dereita.
Hoxe mais que nunca estamos vivindo situacións de agravio a clase
traballadora, reforma laboral agresiva aos dereitos dos traballadores,
diferencia salarial entre sexos,folga na xustiza, mobilizacións dos
pensionistas pola perda do poder adquisitivo, etc. etc.
Por todo o que está acontecendo, dende a MAREA de VIGO consideramos
que a Loita continúa, a clase traballadora galega debemos seguir loitando
polos nosos dereitos. Así o próximo sábado 10 de marzo debemos saír ás
rúas dos nosos pobos e cidades berrando ben alto:
“VIVAN AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA GALIZA”
-
MAREA DE VIGO