A GALLAECIA DAS CANTIGAS

O próximo venres 23, ás 19:30, a Marea de Vigo rende unha pequena homenaxe ao Pergamiño Vindel. Non a perdades!

O Pergamiño Vindel é o maior tesouro conservado das cantigas da lírica galaico-portuguesa medieval. Co gallo da presenza en Vigo desta xoia do noso partimonio lingüístico e cultural, a Marea de Vigo organiza un acto cultural de homenaxe ás raíces da nosa lingua, para entender o contexto e a relevancia das cantigas.
-Contaremos coa actuación do grupo de música medieval “Prés de Cambrai” interpretando as cantigas de Martín Códax con instrumentos da época.
-O profesor de Filoloxía Galego-portuguesa da USC, José Antonio Souto Cobo impartirá unha conferencia sobre “A Gallaecia na que naceron as cantigas”, vencellada ao seu traballo de investigación sobre “Os cavaleiros que fizeram as cantigas.”

vindelweb

 

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone