Nacín en Vigo e teño 26 anos. Son graduada en Bioloxía pola Universidade de Vigo e actualmente estou rematando o Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica. Levo varios anos organizada na mocidade, pasando polo movemento feminista e estudantil. Participo na Marea de Vigo porque é a ferramenta da unidade popular na nosa cidade, onde nos xuntamos xentes diversas para co obxectivo de defender unha cidade de todas e para todas. Participo desta candidatura porque é preciso darlle continuidade ao traballo iniciado en 2015, as nosas necesidades e as nosas ilusións seguen en pé.