APOIO DA MAREA DE VIGO A FERROL EN COMÚN

Dende a Marea de Vigo, queremos amosar o noso apoio ao goberno municipal de Ferrol e ao seu alcalde, Jorge Suárez.

Partido Popular e PSOE demostran a súa alianza contra os intereses da maioría social sumando os seus votos nunha moción tramposa na que, baixo o disfraz falaz da transparencia, atenazan as competencias da Alcaldía en materia económica, en cuestións tan fundamentais como as transferencias orzamentarias e pagos correntes. Deste xeito, levan a cabo un interesado bloqueo do traballo gubernamental, comprometendo os intereses dos veciños de Ferrol co único obxectivo de desgastar o Goberno.

 

Dende a Marea de Vigo, denunciamos esta moción de censura encuberta e consideramos que a dignidade de Ferrol en Común é indiscutible fronte aos pactos indignos.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone