AS MULLERES PINTORAS SILENCIADAS

O mércores 28 ás 20h , convidámosvos a este acto sobre a invisibilización das mulleres no mundo do Arte ao longo da Historia, agardámosvos en Camelias 85. Non faltedes!

Moitas mulleres permaneceron silenciadas ao longo da Historia. Nos libros de Arte non atopamos case referencias a mulleres pintoras. Pero estas existiron, como é o caso de Artemisa Gentilleschi, pintora do Barroco Italiano. Sobre esta artista xenial trata o libro Anibal e a pintora, que este mercores presentara o seu autor Xabier Paz, no local da Marea de Vigo, aproveitando para facer un percorrido polas pintoras invisibilizadas, reivindicando o seu traballo e as dificultades que pasaron polo feito de ser mulleres.

 

pintoras

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone