Tendo recibido unha soa candidatura ao proceso de primarias e sendo recibida esta en tempo e forma, o Comité de Primarias resolve, por unanimidade, a decisión de proclamar esta lista para ocupar os postos do 2 ao 11, tal e como se recolle no Protocolo de Primarias. Tendo en conta tamén o resultado do proceso anterior para a escolla de cabeza de lista, os 11 primeiros postos da candidatura da Marea de Vigo para as eleccións municipais de 2019 serán os seguintes:
- Rubén Pérez Correa
- Oriana Méndez Fuentes
- Xaquín Pastoriza Cerviño
- Estela Miller Fernández
- Ramón A. Lareu Riveiro
- Iria Sotelo Fernández
- Néstor Vázquez Mariño
- María Isabel González Muñoz
- Guillermo Crego Rodríguez
- Ana Ardid de Cabo
- Óscar González Álvarez
Os postos do 12 ao 27 serán elixidos polo Plenario da Marea de Vigo, de acordo co Protocolo de Primarias aprobado en Asemblea.