AS REIVINDICACIÓNS DOS DEREITOS DO COLECTIVO LGTBI NA ACTUALIDADE
Este xoves 28, teremos o último Café Feminista do curso, contaremos con Nos Mesmas q falará sobre os dereitos do colectivo LGTBI.
A Marea Feminista somos un grupo dentro da Marea de Vigo con autonomía para tomar as nosas propias decisións, co fin de incorporar a visión feminista aos temas a tratar dentro da Marea de Vigo. Ata o de agora estivémonos xuntando para tratar, sobre todo, temas a nivel do concello, como puido ser por exemplo a proposta que levamos ao CMM de que houbese unha faixa na fachada do Concello permanente cun lema sobre a violencia de xénero, proposta que foi admitida e executada.. A partir de agora estamos tratando de organizar xuntanzas periódicas para falar dalgún tema en concreto e convidar a mulleres de fóra da organización para intercamiar puntos de vista.
Este xoves 28, teremos o último Café Feminista do curso, contaremos con Nos Mesmas q falará sobre os dereitos do colectivo LGTBI.
Lídia Senra e Belén Fervenza falarán sobre consumo responsábel e soberanía alimentaria na xornada do café da marea feminista. A deputada no Parlamento Europeo Lídia Senra e a integrante do Sindicato Labrego Galego Belén Fervenza, darán unha charla sobre consumo responsábel e soberanía alimentaria no próximo acto que organiza a marea feminista de Marea[…]
Dende a Marea Feminista queremos traballar as novas masculinidades a través da mocidade que integra o Comando da Igualdade: mozas e mozos do Instituto Alexandre Boveda alumnado de Chis Oliveira que nos farán reflexionar sobre o papel que xogan as mulleres e os homes na actualidade en canto ao xénero. A nivel estatal, xa existen[…]
Para conseguir a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, para cambiar todo o moito que aínda queda por cambiar, para desterrar de vez o patriarcado que impide a nosa visibilización debemos ser valentes e apostar por políticas feministas que rachen cos obstáculos que impiden que avancemos . Desde o capitalismo non seremos quen de[…]
Na Marea Feminista queremos combater e actuar en positivo, recollendo propostas que dende todos os ámbitos axuden a acadar unha sociedade máis igualitaria. O ensino ten un papel primordial na prevención das violencias machistas e para lograr a igualdade real entre mulleres e homes. É necesario educar dende a igualdade de valores, á marxe de[…]
Mañá ás 20:00 na farola de Urzáiz. #QuerémonosVivas #menunhamenos #nenunhamáis