Comunicado de Marea de Vigo ante o encarceramento de membros do Goberno de Catalunya.

 

Dende Marea de Vigo consideramos que o encarceramento dos membros do Goberno catalán decretado onte pola xuíz da Audiencia Nacional, Carmen Lamela, constitúe un ataque inaceptable ás e aos representantes lexítimos do pobo catalán e aos dereitos e liberdades máis básicos dun Estado que se presuma democrático. Estamos asistindo nas ultimas semanas a unha fuxida autoritaria do Estado español ante a súa absoluta incapacidade de dialogo. Unha cerrazón por parte do Réxime do 78, que se manifesta na brutal represión do 1 de outubro, no encarceramento de Jordi Cuixart e Jordi Sánchez, no procesamento dos membros da mesa do Parlamento catalán e do Presidente Puigdemont, e no encarceramento do Vicepresidente Oriol Junqueras e os oito consellers da Generalitat. O ingreso en prisión de disidentes políticos constitúe unha decisión política disfrazada de intervención xudicial.

Os conflitos políticos só poden solucionarse con máis democracia. A actuación de determinados tribunais ao ditado do Goberno de Mariano Rajoy, non só non solucionan o conflito, senón que o agravan, abrindo unha profunda fenda entre os dereitos democráticos e a actitude autoritaria do Réxime do 78.

A cuestión catalá deixou se ser fai tempo unha cuestión exclusivamente catalá, asistimos a unha loita entre democracia e autoritarismo, entre dereitos e liberdades e violencia institucional. Todos os dereitos e liberdades que están a ser negados hoxe en Catalunya son dereitos e liberdades que mañá estaremos en risco de perder o resto de cidadáns que vivimos no Estado. Calquer opositor ao réxime do 78, calquera que exprese a súa disidencia coa forza da palabra, pode ser encausado, como amosan a detención de persoas por comentarios en redes sociais ou a acusación de cárcere á que se enfrontan os membros do grupo de rap La Insurgencia polas súas letras. Empregan a mentira ao servizo dos seus intereses, igual que coa trama dos incendios e os “terroristas incendiarios” que seguen sen aparecer por ningures. A acumulación desta serie de feitos evidencia que queren mergullarnos de novo nunha longa noite de pedra

Consideramos que a represión contra a autonomía, o Parlamento e o Goberno catalán, coa aplicación do artigo 155 da Constitución, constitúe un grave atentado contra a democracia e reflexa unha involución inaceptábel.

Polo tanto, queremos expresar o noso rexeitamento á vía autoritaria e antidemocrática emprendida polo Réxime e os seus cómplices e manifestar a nosa solidariedade coas persoas encarceradas polas súas ideas políticas expresadas pacifica e civicamente.

Temos que mobilizarnos unidas, saíndo ás rúas a denunciar esta involución represiva, Por elas e eles. Por nós.

Liberdade presas políticas!

presas

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone