Constitúese a Marea Feminista

MAREA FEMINISTA

 

Este mércores 10 de decembro ás 19:30h na Galería Sargadelos (rúa Urzáiz 17) bótase ao mar de Vigo a Marea Feminista. Xunto coas mareas dos barrios (das cales xa están formadas a de Coia e a de Navia), este mércores empezarán a navegar as Mareas Sectoriais, para dar respostas concretas e trazar liñas de actuación nas políticas sociais que queremos na nosa cidade. Comezamos coa  Marea Feminista porque é o principal piar para a construción dun programa onde prime a xustiza social, netamente antipatriarcal e no que as mulleres estean en plena igualdade cos homes. A marea de Vigo avanza imparábel! #SomosMarea #MareaFeminista O acto está aberto a calquera persoa que queira acudir. Esperámoste alí!

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone