Contra o tándem PP+PSOE

ppsoe

Non todas as persoas son cidadáns de pleno dereito. A crise provocou a ruína de familias enteiras e a exclusión social foise facendo máis e máis visible día a día. A desigualdade medra hoxe no noso concello a pasos de xigante e xera miseria e desposesión.
Historicamente, a marxinación foi asumida polas institucións como un mal menor inevitable, afrontada moitas veces a base de paternalismo, caridade e ocultación. Porén, a marxinalidade ten causas estruturais que a provocan e que cómpre atallar de raíz.
Detrás de cada persoa sen teito hai unha historia de ilusións, fracasos, loitas e esperanzas. A exclusión social é ese inferno silencioso e anónimo no que están atrapadas moitas veciñas e veciños de Vigo, e no que a maioría social corre o risco de caer. Urxe devolverlles a palabra e pór os medios necesarios para restituír os seus dereitos. Urxe priorizar a solución dos problemas máis graves do noso tempo. Estamos a tempo de todo!

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone