Crónica III Asemblea Xeral da Marea de Vigo

O pasado xoves 29 de xaneiro, entre as 20 e 22:30 horas, arredor de 150 persoas abarrotaron o café “De catro a catro”, para celebrar dun xeito áxil, transparente e construtivo a III Asemblea da Marea de Vigo.Esta asemblea, todo un éxito pola cantidade e calidade da participación cidadá, foi de vital importancia para o desenrolo da revolución democrática que é a Marea de Vigo.

Os puntos centrais foron que a Marea de Vigo debatese e escollese a mellor opción para:

1) Adoptar unha fórmula legal para concorrer as eleccións municipais

2) Definir un protocolo para a celebración das primarias cara esas mesmas eleccións municipais.

asemblea marea 3

 

No punto da “fórmula legal”, despois de que todas as persoas asistentes foran informadas (por medio de escritos, exposición oral e un turno de palabra para aclarar dúbidas técnicas) sobre as condicións que conlevan cada unha das tres opcións recollidas na Lei de Orgánica do Réxime Electoral (partido político, coalición electoral e agrupación de electores), abrironse dous turnos de debate antes da votación-

No tempo de debate, no que se voltou a manifestar o consenso de que a auténtica forma organizativa da Marea debía ser a asemblearia, cada unha 12 persoas que colleron a palabra expuxeron o seu parecer sobre implicacións legais e organizativas que se derivan das formulas da LOREG, e de cal era, ao seu xuizo, a mellor entre as 5 opcións de voto posibles (“estratexias” consensuadas nas últimas semanas dentro dos grupos de traballo e plenarios abertos da Marea),

Para as votacións acreditárons 133 asinates do manifesto. Sendo o resultado desta 1ª votación (na que se admitía o voto múltiple) o seguinte:

VOTACIÓN TOTAL
1 Agrupación de electores. 21
2 Constitución dun partido instrumental e optar pola agrupación de electores 69
3 Partido instrumental 34
4 Coalición de partidos. 50
5 Coalición de partidos e a constitución dun partido da Marea que se coaliga. 58

 

Así pois, a Marea de Vigo na súa III Asemblea decidiu adoptar unha estratexía dobre, que procura asegurar a súa institución legal mediante a súa inscripción como partido político dun xeito inmediato, ao mesmo tempo que se comeza a traballar para acadar a agrupación de electores unha vez que se abran os prazos para este trámite legal.  No caso de se obteren os avais necesarios pra concorrer como agrupación de electores, a asemblea escollería entón entre estas dúas opcións, pois daquela xa serían igualmente viables.

No punto de “protocolo de primarias”, despois da exposición do borrador elaborado polo Grupo de Planificación da mesma Marea, abriuse iguais turnos de palabra para, primeiro aclarar dúbidas técnicas, e despois, noutros dous turnos de debate de semellante participación, considerar a idoneidade dun ou outro procedemento para elaborar e votar as candidaturas ás primarias.

Fixéronse dúas votacións (desta volta con voto único).

Por unha banda, co obxetivo de asegurar a pluralidade de voces na candidaturá cidadá, escolleuse que nas primarias cada votante só puidera votar a 6 candidatos/as para as 27(+3suplentes) que conformaran a listaxe final:

VOTACIÓN TOTAL
A As forzas políticas que decidan apoiar este proceso comprométense a concorrer ásprimarias presentando un máximo de 6 candidatos/as. 0
B Cada votante poderá marcar na papeleta un máximo de 6 candidatos/as. 64
C Realizaranse primarias abertas cunha lista xeral sen corrección de número. 4

 

Por outra banda tratouse a cuestión de como se daría a candidatura da Marea de Vigo á alcaldía. Podendose escoller entre a opción no que a/o candidata/o máis votada/o nas primarias fose directamente quen encabezase a papeleta das eleccións municipais (aclarandose que, lóxicamente, despois dos resultados das primarias, esta persoas será preguntada/o para asumir tal responsabilidade); ou se pola contra, xa de antemán as persoas que quixeran ser “alcaldables” sinalasen a súa disponibilidade previamente, de tal xeito que xa apareza tal disposición na listaxe de voto das primarias, facendose o computo desta candidatura á alcaldía por separado. Esta última foi a escollida en votación

VOTACIÓN TOTAL
A Nas papeletas de votación da lista xeral, aparecerán diferenciados ou á parte osnomes das persoas que se postulan como candidatas á alcaldía. A lista dos/as cantidatos/as á alcaldía sería computada por separado. 42
B A persoa máis votada será automaticamente elixida como cabeza da lista e polotanto candidata á alcaldía 20

 

asemblkea marea 2

Seguidamente expuxeronse e replicaronse dúas enmendas ao borrador deste “protocolo de primarias da Marea de Vigo”.

Por unha banda desbotouse a presentada polo cidadá Juan Rodríguez Castro, que pedia suprimir a posiblidade da votación telemática. Na réplica a enemnda aclararase, que tal votación telemática so se fará se houber garantías técnicas.

E por outra aceptouse a enmenda de Xabir Xardón, que pediu suprimir o punto do borrador que trataba sobre o nome e imaxe da Marea.

Por último, aprobouse con 58 votos a favor e ningún en contra o protocolo primarias resultante.

O proceso de primarias desenvolverase a partir da IV Asemblea Xeral da Marea fixada para o 19 de febreiro.

Entretanto a Marea continuará a medrar mediante os grupos de traballo e plenarios, que se celebran unha vez por semana, nos cuais pode participar todas as persoas asinantes do manifesto da Marea e aqueles cidadáns que teñan interese en construir o renacemento ético, político e cultural que precisa a nosa cidade.

Aquí podes consultar a acta completa

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone