Datos de interese encol das primarias

communityNa IV asemblea da Marea de Vigo, celebrada o pasado 19 de febreiro, aprobáronse os documentos: protocolo de primarias, código ético e liñas xerais do programa municipal. E constituíuse o comité de primarias que gobernará o proceso de primarias abertas entre o 20 de febreiro e o 11 de marzo.

O prazo pra candidatarse ás primarias abertas da Marea comezou o día 20 e rematará o 26 de febreiro ás 24:00 h. Prazo que será ampliable se o comité de primarias o considera necesario.

O obxectivo das primarias abertas da Marea de Vigo é lograr unha candidatura plural de confluencia cidadá, ampla e representativa, que actúe no Concello segundo as decisións asemblearias e na defensa da maioría da poboación.

 

CANDIDATURAS DA MAREA

Calquera persoa pode postularse como candidata ás primarias abertas da Marea, sempre que teña asinado o manifesto, asuma o código ético e consiga o aval de seis persoas vinculadas á Marea de Vigo.

Na web mareadevigo.org  atoparedes a entrada PRIMARIAS coas indicacións e documentos necesarios pra a postulación de candidaturas. PRIMARIAS-CANDIDATURAS.

Calquera persoa que precise completar avais, pode acudir á xuntanza da Marea o día 24 de febreiro ás 20:00 h na A.C. Bou Eva pra solicitarllos ás persoas facultadas como avalistas.

Pra resolver calquera dúbida e pra a presentación das candidaturas abriuse o correo electrónico candidaturas@mareadevigo.org

 

VOTACIÓN NAS PRIMARIAS

Na mesma lapela PRIMARIAS estarán as indicacións necesarias pra participar nas votacións das candidaturas presentadas. PRIMARIAS-ELECTORES/AS.

A información sobre as Primarias da Marea atoparédela no correo electrónico votantes@mareadevigo.org

O comité de primarias estará pendente destes correos para respostar na maior brevidade posible.

Pra ter dereito a voto é necesario ter asinado o MANIFESTO antes das 24:00 horas do día 2 de marzo.

O proceso é moi sinxelo: na web mareadevigo.org  aparece destacada a entrada ASINA O MANIFESTO.

As votacións das primarias serán o día 7 de marzo no lugar que se dará a coñecer nos próximos días.

 

Animádevos a participar neste proceso, ben como candidatos/as ou como electores/as. Será un importante feito histórico ter un Concello en Vigo gobernado por representantes da cidadanía.

AVANTE A MAREA!!

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone