En apoio as compañeiras da Rede de Solidaridade Popular

En setembro de 2014 a Rede de Solidariedade Popular ocupou un inmoble que levaba 20 anos no abandono máis absoluto.
A propiedade, despois de tantos anos, era un punto da cidade que usábase como picadeiro, atopándose a casa con restos de fogueiras, heces, maleza e lixo.

Meses de traballo solidario, voluntario e exemplar converteron a casa no que hoxe é. Un centro social autoxestionado onde as e os afectados pola crise atopan un espazo onde dar e recibir axuda para paliar na medida do posíbel as carencias dunhas administracións que en ocasións non poden, e en ocasións non queren, prestar axuda as persoas excluídas do sistema económico no que subsistimos.

Unha das herdeiras da propiedade, visitou o CSA quedando satisfeita tanto do estado da propiedade como da tarefa que alí se fai, dando permiso verbal a RSP para continuar coa súa labor. Entre as que están, recollida e reparto de alimentos e roupa e diversas formacións sobre axudas sociais, para que as persoas afectadas poidan manexarse no labirinto burocrático ao que son sometidas. Talleres de resiliencia, para traballar con persoas que pasaron por procesos traumáticos. Clases de ortografía para adultos e moitas actividades máis, sempre autoxestionadas, sen animo de lucro e dirixidas aos sectores da sociedade que non ven cubertas as súas necesidades polo sistema “oficial” e que como todas e todos sabemos cada día son máis. A maiores e de forma sempre desinteresada, a RSP, sempre cedeu o espazo para xuntanzas de diversos colectivos e organizacións que non atopan non noso Concello ningunha axuda para as usas actividades, todo colectivo que o solicitou atopou no CSA, un espazo onde desenvolver as súas actividades.

Sen embargo, despois dunha denuncia, a voceira da RSP, terá que enfrontarse nos xulgados a un suposto delito de usurpación de propiedade. Cando o colectivo, xa expresou reiteradamente que no caso de que as e os herdeiros, despois de vinte anos de abandono, chegasen a acordo para o reparto da herdanza, abandonarían a propiedade sen resistencia.
Por todo o expresado, a Marea de Vigo, desexa comunicar:

1- O noso apoio incondicional a tarefa que desenvolve a RSP.

2- A nosa solidariedade á voceira acusada de usurpación da propiedade, cando o seu “delito”, foi liberar un espazo abandonado e poñelo ao servizo da sociedade.

3- A firme intención da Marea de Vigo de espallar e acudir a concentración convocada pola RSP para o próximo día 17 de febreiro en apoio a asociación.

4- O apoio da concelleira e concelleiros da Marea de Vigo á voceira da asociación cando teña lugar o xuízo. Alí estaremos como cidadáns solidarios.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone