Estamos a tempo de todo

sistema dunar

O progreso, en contra do que nos queren facer crer, non consiste en permitir a venda e a destrución do noso patrimonio natural e paisaxístico. O progreso consiste en mellorar as nosas condicións de vida, e para iso é necesario coidar e preservar os espazos nos que vivimos, e recuperar e pór en valor aqueles que foron destruídos.
Estamos aínda a tempo de todo. Recuperar o sistema dunar de Samil é recuperar un espazo natural incomparable, ligado á nosa historia e a uns usos e a uns costumes que nos din de onde vimos e cara a onde imos. Non queremos deixarlle ás xeracións vindeiras máis hipotecas: Samil é noso e querémolo fermoso!

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone