Nacín en Vigo no ano 1979. Son Técnica superior en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas. Militante de Esquerda Unida dende o ano 2000, desenvolvín o meu compromiso político no eido do feminismo, a solidariedade internacional e o movemento obreiro. Membro da Asemblea Político Social de IU Federal e da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida. Preséntome para participar nun proxecto colectivo que acredita na transformación desta cidade nunha cidade na que as persoas sexan unha prioridade e a recuperación do público unha realidade.