Faladoiro

 

Este é un espazo de libre expresión para a cidadanía. Se tes algo que dicir sobre calquera cuestión da política municipal ou da nosa contorna manda un correo a faladoiro.mareadevigo@gmail.com e axiña o publicaremos.

A Marea de Vigo non se fai responsable das opinións aquí verquidas. A Marea de Vigo reservarase o dereito de non publicar aquelas que sexan ofensivas ou discriminatorias por razóns de raza, xénero, cultura,…

 


24/05/16

“Creo q era importante q a MdV tomase algunha iniciativa na cuestion da movilidade urbana, especialmente no que atinxe as bicicletas. Os carris bici estan no programa d MdV, e tamen o Caballero fixera promesa na campanha electoral, pero a dia de hoxe ninguen avanzou nada no asunto. Creo q a MdV deberia tomar a iniciativa e promover unha “mesa pola movilidade urbana sostible

Eu en concreto proponho:1) a inmediata construccion dun carril bici pola parte baixa da cidade, entre guixar e canido, pasando polo areal, beiramar e bouzas 2) a implantancion dun fin de semana ao mes sen coches no centro (acompanhada de actividades sociais, culturais e deportivas no espazo urbano liberado) 3) a dotacion de autobuses con capacidade de carga de bicis, nomeadamente nas linhas que vaian por zonas altas (madroa, cuvi,…)

Gustariame que este asunto fose tratado na proxima asemblea da MdV co obxeto de recoller mais ideas e comezar a crear esa mesa pola mobilidade”

Uxio Reinoso, traballador da bici


 27/06/16

Saúde.

Creo que era moi interesante que a Marea de Vigo demandase que o Concello de Vigo instalase máis “Paneis de libre expresión”, para que a propia Marea e outros colectivos sociais puidesen informar das suas actividades e idea a cidadanía dun xeito directo.

Os poucos paneis deste tipo que que había espallados polo municipio, foron desaparecendo coas obras de humanización, de tal xeito que hoxe en día no casco urbano hai apenas unha ducia, e ningún deles esta nun lugar céntico e/ou concurrido (nas parroquias si que acostuma haber nas inmediazións dos centros venciñais).
Estaría ben que a Marea de Vigo fixera un mapeo dos existentes e propuxera ao goberno municipal que instalase un bo número deles en sitios funcionais (Praza do Concello, Principe, Praza da Pincesa, estacións de transporte,…)
Todos os que facemos cartelería para comunicar a nosas actividades sociais, culturais e políticas estariamos moi agradecidos.
Moitas gracias!

Uxio Reinoso

27/06/16

Unhas reflexións rápidas sobre as eleccións xerais:

Ser segunda forza en Vigo é un éxito, inda máis cando o resultado foi tan axustado, 52297 do PP fronte a 50829 da Maré. Mais polo camiño e en moi pouco tempo deixámonos na casa 8861 votos. Está claro que temos que analizar as causas, máis aínda cando con eses votos seriamos 2 forza en Galiza, aínda que o reparto de deputadas quedaría igual. É dicir, 5 deputadas e máis do 10% nas catro provincias, xs que queiran entender este punto que o entendan.
A nivel Galiza hai que ver cales son as diferencias entre a campaña anterior e a de 2016. É hainas, moita xente vota sen ter moita información, mais non debemos cometer o erro de desprezar a un porcentaxe moi significativo de votantes que participa, informase e como non pode ser menos é moi critico cando se cometen erros ou non se mantén a coherencia, e en Galiza este electorado ten especifidades de seu, especifidades que son exclusivas da nosa terra. Esta xente supón a diferencia entre liderar á esquerda galega ou ter un papel subalterno (moito máis en Vigo, onde quen non ten afiliación política a ten sindical ou social ou as tres cousas)
 Na asemblea de En Marea falou xente á que non pensei que vería nunca nunha asemblea de este espazo, xente cunha profunda conciencia nacional e moi significativa no mundo sindical e social, que nunca se achegou a Anova e sen embargo demandaba con claridade construír unha autentica ferramenta de unidade popular, con diferencias entre os actores e sobre todo cun profundo respecto con esas diferencias. Tamén subiron a falar infames que din cousas sobre unidade mentres dinamitan as experiencias anteriores, os freaks oportunistas (en masculino rotundo) sempre están nos movementos abertos e de éxito, con non facerlles caso, xa se van identificando eles.
Non cumprimos co documento de Mazarelos. Podemos darlle mil voltas mais así é. Sen dubida a responsabilidade e colectiva en maior ou menor medida, pero un documento que marcou o arranque da confluencia non se levou a término, nin sequera se desenvolveu con decisión. Os únicos pasos foron a incorporación a mesa coordinadora dalgunhas Marés (incorporación incompleta, xa que non teñen voto) e unha asemblea que foi clarificante, mais sen capacidade decisoria.
Ou desenvolvemos un documento que ten as bases pra a construción do movemento popular en Galiza ou non estaremos aprendendo dos erros.
A mesa coordinadora ten que repensarse con urxencia. Ben sei do valor máis que probado de moitas das persoas que a conforman. Mais tamén está demostrado que non cumpriu coa súa función, todas esas persoas deben dar un paso atrás. Nas organizacións (ben sexan partidos ou Marés, todas imprescindibles) hai capital suficiente pra renovar esa mesa, partir de cero no terreo persoal, e facer unha ferramenta útil cara as eleccións galegas.
Primeiro non nos fiabamos das enquisas, e despois deixámonos levar polo que parecía un movemento imparable a nivel estado que tería efecto arrastre en Galiza. Non só non sucedeu, senón que o electorado castigounos merecidamente. Aquí, o meu entender, sae outra vez a especifidade política da nosa terra, que foi exemplo ao principio e despois deixouse levar.
A nivel Vigo, eu son sen dubida unha das culpables deses case 9000 votos. En ocasións mirei cousas que a o meu entender eran francamente mellorables, e fun unha das persoas que deixouse levar polo efecto arrastre en lugar de sacar forzas de onde fose e pelexar por eses votos a nivel local. Uns votos que nos deixarían como segunda forza a nivel galego e primeira en Vigo.
Fago propósito de emenda, e agardo que tamén o fagan as demais, se nos deixan podemos emendar o rumbo do barco de En Marea colectivamente. Iso si, se practicamos a autoliquidación, eu non estarei aí.
Falta territorialización do movemento, isto non chega dun día pra outro, mais tentar abarcar máis do que se pode é un dos motivos pra perder eses votos, que nunca me cansarei de repetir, poñeríannos en cabeza da esquerda a nivel galego.
Non hai nada máis marxista e máis sano que a autocrítica, practiquémola con naturalidade e avanzaremos.

 

Xosé L. Jácome Enríquez