Información Candidaturas 2019

 

-Poden candidatarse as persoas asinantes do Manifesto da Marea de Vigo e que estean censadas na cidade de Vigo. As candidatas deberán asumir o programa de Marea de Vigo, o compromiso de cumprir cos seus obxectivos e o código ético. (ANEXO I)

As candidatas deberán recibir o aval de seis persoas participantes nos grupos de traballo da Marea de Vigo. (ANEXO II)

As persoas que desexen inscribirse como candidatas deberán aportar, nun documento de texto, a seguinte información:
Nome e apelidos, distrito ou cidade de residencia, afiliación a organizacións políticas ou militancia en colectivos organizados (información que se aportará de maneira opcional e voluntaria), unha breve pauta biográfica e unha breve pauta motivacional.

Tendo en conta o sistema de primarias apobado en asemblea, as candidaturas conformaranse agrupadas en listas de 10 persoas, en formato cremalleira e encabezadas por unha muller.

-Como presentar as candidaturas:

Vía correo electrónico: enviando un correo antes do día 28 de febreiro ás 23.59h a candidaturas@mareadevigo.org:

Cada persoa integrante das listas enviará:

1- Documento de texto cos datos persoais antes mencionados.
2- Anexos I e II cubertos e escaneados.
3- Fotografía recente.

As persoas que encabecen ditas listas (números 2) enviarán a maiores:

Un documento de texto cos nomes e números de DI das integrantes da lista, ordeados e numerados do 2 ao 11, dito documento deberá conter o nome da lista (O Comité de Primarias resérvase o dereito de rexeitar nomes de lista que se consideren inapropiados).

O Comité de Primarias proporcionará ás persoa interesadas a listaxe e a información de contacto dos avalistas, se o precisasen. Para elo deberán solicitalo escribindo un correo  a candidaturas@mareadevigo.org.

Grazas pola túa participación!

 

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone