(Ourense,1980) DU Enfermería - IFSI do CHU d'Angers, Angers (Francia), 2017 Técnico Superior en artes plásticas e deseño en Gráfica Publicitaria - Escola CIC Elisava, Barcelona, 2007 Técnico Superior en artes plásticas e deseño en Fotografía - Escola Mestre Mateo, Santiago de Compostela, 2005 Son Iria Sotelo e preséntome con toda a ilusión ó proceso de eleccións municipais por Marea de Vigo. Dende sempre tiven unha forte interese polo meu entorno, o benestar social e a igualdade. Como tant@s outr@s, sufrín as consecuenzas da crise e as políticas neoliberais e tiven que emigrar para loitar polo meu futuro. Aínda dende lonxe, tentei colaborar e involucrarme en espazos de activismo e cambio social, e botei unha man no que puiden con Podemos Vigo. Agora que regreso ó meu fogar, e coa convicción de que mais que nunca precisamos dunha ferramenta de cambio nas institucións, decídome a dar un pequeno paso adiante e formar parte dos proxectos de Podemos Vigo e da Marea de Vigo. É moi importante darlle un novo rumbo á xestión e ás políticas da nosa cidade. O modelo de Caballero encherá a cidade de luces, pero non dabondo para agochar as súas sombras. É o momento de que entre tod@s empurremos para que a prioridade do concello sexan as necesidades da xente.