IV Asemblea Xeral o xoves 19 no ¨de Catro a Catro¨

Asemblea_modificado
Logo de sete meses de traballo intenso a Marea chega a un dos momentos máis importantes. Os/as compañeiros/as dos diferentes grupos de traballo foron presentando o froito do seu traballo, isto son: 
Os documentos cos que a Marea de Vigo se dotará para chegar ao goberno municipal. Na vindeira Asemblea Xeral debatiranse 3 documentos fundamentais:
·O Compromiso ético, que regula as funcións dos futuros cargos públicos da Marea.
·O Programa electoral, que se articula baixo cinco eixos: Radicalidade democrática, control do público, xestión económica ética e popular, planificación e modelo de cidade, loita contra a corrupción e cooperación entre concellos.
·Protocolo de Primarias Abertas, que regula o proceso de xeito que garanta a maior pluralidade na Marea, así como o correcto desenvolvemento da campaña e votacións, baixo o principio de equidade.
Os grupos de traballo reuniranse nun plenario, este martes 17 ás 20h na AC Bou Eva (rúa terzo de fóra 11), para recoller as achegas, que se trasladarán para o posterior debate na IV Asemblea Xeral do xoves 19 de febreiro, no café ¨De catro a catro¨ na rúa Xirona 16.
Esta vindeira Asemblea é un momento moi importante no desenvolvemento desta ferramenta cidadá, pois demostra que a Marea de Vigo está preparada para gañar nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Gañar para poñer as institucións ao servizo da maioría social agredida. Así que vos animamos a participar e decidir.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone