LUMES NUNCA MÁIS

lumesmail

Mentres a Consellería mantén a doutrina vixente dende o retorno do PP á Xunta, segundo a cal só son revelados aos medios de comunicación e á poboación en xeral os incendios que superan as 20 hectáreas de extensión, a realidade golpea con toda dureza.
Falta de medios, descoordinación, servizos en precario e privatizados, unha despolítica forestal que serve como combustible e foi antesala do que hoxe estamos vivindo.
Por suposto que hai incendios intencionados. Mais a responsabilidade política é evidente e o propio Feijoo encargábase de acusar a Xunta nos tempos en que era oposición de falta de previsión.
Hoxe, xa no goberno a culpa é dos pirómanos, da climatoloxía, de calquera cousa excepto da desidia do seu goberno. A culpa foi do maquinista, do capitán, da sequía.
Non máis enganos.
Hoxe toca solidariedade, esforzo conxunto e máxima colaboración entre a Xunta a Deputación e o Concello, mais as responsabilidades políticas son evidentes e non pode quedar este tema nun “blanqueamento” dos medios.
Xunta responsable. Feijoo responsable. Lumes nunca máis!

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone