Marea de Vigo coas Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas, Marea de Vigo organiza un acto o día 14 ás 20h no Café De Catro a catro, para presentar o Manifesto pola Defensa da Lingua e no que debateremos sobre a situación do galego nunha perspectiva histórica e reivindicativa con Marga López Barreiro, concelleira da Marea de Vigo e Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e ex-director da RAG.
A continuación concerto do cantautor Tino Baz.

Así mesmo, o día 16 ás 19.30 realizaremos un roteiro que partirá da Oliveira, por espazos de galeguidade en Vigo co filólogo e investigador técnico de Normativización Lingüística, Xurxo Martínez.

letrasredes

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone