Marea de Vigo apoia os consensos dos alcaldes pero os considera insuficientes

26 de Maio de 2016

MAREA DE VIGO APOIA OS CONSENSOS DOS ALCALDES PERO OS CONSIDERA INSUFICIENTES DENTRO DUNHA LEI DE ÁREA METROPOLITANA QUE PRETENDE TER INCIDENCIA SOBRE MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS.

Estando dacordo co consenso existente entre os alcaldes dos municipios da Área Metropolitana, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera necesario o afondamento nas materias substanciais da propia área como o transporte, a RSU ou a xestión da auga, temas que non se definen co detalle que se precisa no actual proxecto.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera insuficiente o contido da lei que vai ser debatida no parlamento galego, posto que soamente supón o 1% do conxunto das materias que deberían de ser debatidas na devandita lei e que serían competencia da Área Metropolitana. Actualmente a proposta está baseada na gobernanza da mesma, feito que é importante, pero non o único que debe existir na lei.

A Marea de Vigo, despois de non ter podido acceder o debate sobre a Lei de Área Metropolitana de Vigo, tal e como xa denunciou con anterioridade, onde solicitaba que este debate se dera no pleno como maior órgano de representación democrática do municipio, tal e como fixeron concellos como o de Cangas ou Moaña; vai presentar emendas substanciais sobre a mesma perante o parlamento galego, posto que considera, na liña do anteriormente exposto, que o debate sobre presidencias ou órganos xestores non poden deixar nun segundo plano asuntos tan importantes sobre os que se nos abre agora a posibilidade dun cambio real e efectivo como é a xestión do transporte, auga ou xestión de residuos. Non descartando, a través de AGE, solicitar a devolución da lei para a súa mellora.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone