Nacín en Vigo hai 34 anos. Estudante sempre na Pública, son licenciada en Filoloxía Galega e Máster en Estudos Culturais pola USC. Participo en proxectos que poñen por diante a unidade popular para acadar a transformación social, como o extinto centro social Bou Eva e a propia Marea de Vigo. Tamén son militante de Anova dende a súa constitución, en 2012. As razóns e as ilusións que fixeron agromar a chamada “primavera municipalista” en 2015 seguen tanto ou máis vivas neste 2019. Precisamos máis Marea de Vigo para construír unha cidade na que ninguén quede fóra, unha cidade que defenda as clases traballadoras, unha cidade que brille pola participación e a solidariedade.