(Vigo, 1980) Estudiei Dereito Económico na UVigo. Fun axente comercial, dependente de ciber café e secretario. Dirixín unha PeME do sector servizos entre 2008 e 2011. Actualmente son axente inmobiliario e traballo na miña primeira novela. Columnista habitual en Noticias Vigo e na revista satírica Gurb, teño publicado tamén noutros medios coma a Revista Luzes ou Praza Pública. Fun membro fundador do primeiro Círculo Podemos Vigo, no que ocupei a voceiría ata a elección dos Consellos Cidadáns en 2015. Fun Secretario de Municipalismo e Movementos Sociais do CCM de Vigo ata a súa disolución. Fun técnico da área de prensa de Podemos Galicia. Estou vencellado aos colectivos sociais de Vigo, onde fago parte da Rede de Solidariedade Popular (RSP), colaborando no grupo de vivenda e exercendo a xestión de tesouraría.