Performance da PFG

A Plataforma Feminista Galega nunha performance o pasado día 1 de Novembro amousou o Día das Defuntas: mulleres mortas, ca tiza debuxada na investigación, e espalladas pola praza da Constitución en ‪#‎Vigo‬, como moitas outras asasinadas polos seus maridos, parellas, ou ex-.

Deste xeito, mortas e de luto, as feministas galegas tratan de visibilizar no día dos defuntos unha lacra social que só se pode parar con moita educación, unha prensa responsable, e cunhas institucións públicas que acaben co machismo imperante na sociedade.

Fan un chamamento a participar na Marcha do 7 de novembro Contra as Violencias Machistas, que pon a disposición de quenes queiran ir autobuses gratuitos até completar prazas. O destino: xuntarse en Madrid para que se faga do feminismo unha cuestión de estado.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone