logo Marea de Vigo

Proposta:

O Concello promoverá e realizará campañas informativas para o desenvolvemento dos valores solidarios, democráticos e de participación na vida pública. Dirixidas tamén ao conxunto da cidadanía, serán destinatarios especiais destas campañas: a infancia e a adolescencia. Unha participación igualitaria implica que a cidadanía coñeza o funcionamento da Administración, para iso desenvolverá charlas, obradoiros, conferencias, debates, etc, para a formación da cidadanía sobre o funcionamento municipal: cales son as súas competencias, formalidades legais, e recursos entre outros.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.