logo Marea de Vigo

32
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

A Lei reguladora das bases do Réxime Local establece que a veciñanza que goce do dereito ao sufraxio activo nas eleccións municipais poderá exercer, tamén, a iniciativa popular, presentando propostas de acordos, actuacións ou proxectos de regulamentos en materias da competencia municipal. No caso dunha cidade do tamaño de Vigo, estas iniciativas deberán ir subscritas, cando menos, por un 10% da veciñanza. Semella fóra de toda dúbida que o carácter democrático do Concello se vería reforzado co desenvolvemento activo desta sinxela medida, incluíndo a proposta de consultas ou referendos populares locais.
Comparte a proposta

1
emenda de Gamela Gamela
Incluíndo a sinatura electrónica vía Clave365 ou similar.  De xeito que a recollida de sinaturas sexa sinxela e polo tanto eficaz á hora de implementar Iniciativas Populares Vinculantes.
1
emenda de Gamela Gamela
Está publicado o programa electoral ?  Onde podemos atopalo?

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.