logo Marea de Vigo

30
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

A calidade da democracia debe ser medida pola participación popular no goberno. Mais esa participación non só debe ser como mero receptor de información e só no propio e individual, senón que se debe facilitar á cidadanía a súa participación no político, o económico, o cultural e o social; o que é o mesmo: favorecer e pór os medios para establecer a participación na construción dunha sociedade mellor. Este é o instrumen-to fundamental se queremos chegar a articular unha democracia autenticamente par-ticipativa.
En diversos Concellos no conxunto do Estado xa se teñen articulado mecanismos partici-pativos co obxectivo de implicar á cidadanía na toma de decisións sobre os orzamen-tos do seu propio concello. A veciñanza ten a oportunidade de expresar e participar en decidir cales son as prioridades nas que se van investir os impostos que aportaron. Isto supón xerar un proceso de achega da política municipal aos intereses reais da cidadanía e ás súas necesidades.
A través dos orzamentos participativos, non só se decide o destino dunha parte dos in-vestimentos municipais, senón que a veciñanza asume un papel protagonista, co-responsable e vén colocarse como un piar importante da política municipal, máis aló da miraxe que significa o feito de obter unha resposta positiva e interesada a través dun medio de comunicación dun xeito quase unidireccional. E dicir, dun xeito garantis-ta en canto ao principio de igualdade á hora de acceder á toma de decisións, xérase un espazo de busca de solucións comúns, para problemas comúns.
Esta fórmula de participación cidadá inicia o modo de considerar a democracia como un exercicio de cidadanía activa, responsable, propoñendo a construción colectiva dun novo modelo de desenvolvemento sostible; Os orzamentos participativos esixen que sexa a propia sociedade quen decida como e en que se gastan os cartos públicos. É o modo no que as veciñas e veciños, que coñecen as necesidades cotiás dos seus barrios e da cidade, decidan como se distribúen os recursos.
A cantidade adicada para os orzamentos participativos, que vén do capítulo de investi-mentos, iría circunscrita na nosa cidade a unha serie de actuacións concretas, como poden ser cuestións relacionadas coas humanizacións, que os veciños poidan decidir sobre parques públicos, parques infantís, xardíns, melloras nos mercados e espazos públicos…etc, introducindo na nosa cidade unha cultura de decisión veciñal real, na que calquera veciño ou veciña que queira participar no proceso e converter os orza-mentos da cidade nun orzamento colectivo poida ter o seu espazo; deste xeito as in-versións non quedarían ao arbítreo unipersoal dun concelleiro ou concelleira, senón ao criterio colectivo da cidadanía, que en moitas ocasións se queixa precisamente desa arbitrariedade nas inversións, afirmando que existen grandes desigualdades en-tre os barrios e parroquias viguesas.
A Red Estatal por los Presupuestos Participativos fixa os principios necesarios para que un proceso de orzamentos participativos poida obter tal catalogación, este baséase fundamentalmente en: a existencia dun proceso deliberativo previo á toma de deci-sións, os criterios de inclusión e xustiza social, mecanismos de seguimento dos acor-dos e rendición de contas. Do mesmo xeito, deben cumprir os tres principios básicos: universalidade (unha persoa, un voto); auto-regulamentación (as persoas participan-tes deciden as normas do proceso participativo) e o carácter vinculante (a Corpora-ción Municipal asume o resultado do debate e votación da cidadanía).
Polo exposto, propoñemos:
 1.- Iniciar a elaboración dunha proposta de Regulamento para a implantación no noso municipio dos Orzamentos Municipais Participativos, así como articulación dos meca-nismos necesarios de participación cidadá respectando os principios de igualdade, so-lidariedade e equilibrio entre os distintos barrios e núcleos de poboación do termo municipal.
 2.- Adicar, no próximo proxecto orzamentario, unha partida non inferior a 2 millóns de euros para tal fin (7% do total do capítulo) no capítulo de investimentos.
Comparte a proposta

1
emenda de Gamela Gamela
Os orzamentos participativos non poden converterse no reparto da miseria.  Dous millóns para repartir entre 15 barrios é rídículo.  Mellor sería concentrar os 2 millóns para financiar algunha proposta suficientemente demandada pola cidadanía e que beneficie ao maior número de cidadáns posible. 

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.