logo Marea de Vigo

Proposta:

Asumir como propio e defender no Concello o programa básico dos movementos que de-fenden as conquistas sociais e que reivindican un maior desenvolvemento dos derei-tos da cidadanía.  O movemento en defensa das Pensións Públicas, o movemento Feminista, o movemento polo dereito á Vivenda, pola Educación pública, universal e gratuíta ou en defensa da Sanidade Pública, entre outros. En consecuencia, a Marea de Vigo comprométese a consultar a estes movementos e ás súas plataformas á ho-ra de deseñar medidas e propostas que afecten aos seus respectivos campos de acción.
Comparte a proposta

1
emenda de Gamela Gamela
As plataformas deberan ter algún tipo de "acceso directo" ao Pleno do Concello así como á Xunta de Goberno Local para demandar o que consideren oportuno.  As consultas as leva o vento!

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.