logo Marea de Vigo

29

Proposta:

A descentralización é un mecanismo mediante o cal o Concello transfire funcións e recur-sos para unidades de xestión administrativa con competencia nunha parte determina-da do territorio da cidade. Cando falamos de descentralizar o Concello de Vigo, esta-mos expondo, por un lado, a diferenciación entre un centro que toma decisións sobre todo o territorio da cidade e, por outro, as áreas territoriais como unidades de acción e decisión que limitan as súas competencias a un barrio ou unha agrupación de ba-rrios.
A descentralización é importante porque, ao distribuír o poder de decisión, tanto funcional como territorialmente, posibilita unha relación máis directa, máis próxima, máis áxil e máis transparente entre o goberno municipal e a cidadanía. A descentralización e a participación cidadá son elementos esenciais para unha nova política do espazo pú-blico, entre os cales a planificación urbana é fundamental, ao igual que todo tipo de accións e políticas públicas que dinamicen e favorezan a apropiación do espazo públi-co polo cidadán, incorporando novos conceptos de convivencia democrática.
Propomos para Vigo a articulación das administracións zonais ou áreas de distrito como unidades responsables que desenvolvan dous eixos estratéxicos básicos da adminis-tración municipal: a desconcentración Institucional e o sistema de xestión participativa.
O primeiro destes eixos posibilita unha atención máis directa, inmediata e permanente do Municipio ás zonas, sectores urbanos e parroquias rurais do distrito; o segundo artella a intervención directa e activa da cidadanía na xestión de goberno local. A descentra-lización diríxese á implantación dun novo sistema de actuación territorial planificador e administrativo, descentralizador da xestión do desenvolvemento, coordinado coas di-versas áreas e que asegure unha real xestión do solo.
Vigo é un municipio moi especial que ten, como unha das súas características máis defini-torias, a enorme variedade dos núcleos que o compoñen, por iso é necesaria a súa división territoral. Propomos a aprobación da nova división territorial da cidade de Vigo debido, entre outras razóns, ás transformacións sociais e urbanísticas da cidade ex-perimentadas nas últimas décadas. Esta aprobación culminaría nun proceso de ela-boración realizado por unha comisión cidadá na que participarían, ademais de autori-dades municipais, diferentes institucións: Federación de Asociacións de Veciños, co-lexios profesionais, Cámara de Comercio, departamentos de infraestruturas e trans-porte e profesionais expertos da cidade. Tamén será necesaria a creación dun Centro de Coordinación Cívico Municipal, xustificado no desenvolvemento territorial dos ser-vizos municipais descentralizados nas diferentes Xuntas Municipais de Distrito.
O obxecto do CCCM consiste en integrar, nun programa coordinado, as distintas áreas ou Delegacións Municipais e servizos de intervención municipal nos distritos, así como os servizos das xuntas municipais de distritos, asociacións e colectivos do distrito. Isto permitirá unha planificación concertada e coordinada entre o Concello e as Xuntas de Distrito, como deseño consensuado de políticas e coordinación de accións. Por exemplo: a execución descentralizada dos programas orzamentarios que teñan im-pacto local específico en materia de desenvolvemento social, cultural, deportes e de-fensa da natureza, ou tamén noutras materias que fan as competencias exclusivas e concorrentes das Xuntas de Distrito.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.