logo Marea de Vigo

24
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Creación de medios de comunicación locais baixo o control dun organismo independente, coa participación plural de partidos, asociacións e veciñanza, para o apoio e difusión das actividades dos colectivos, artistas e creadores de cultura local, realizando “guías de recursos cidadáns”.
Democratización do reparto da publicidade institucional entre os medios de comunicación privados (anuncios pagados concedidos a cada medio), para demostrar á cidadanía que se adxudican os recursos baixo criterios obxectivos, como a  audiencia, e que non existe trato de favor ou de castigo a determinados medios de comunicación.
Comparte a proposta

1
emenda de Gamela Gamela
Ningunha subvención a ningún medio de comunicación. A publicidade institucional debera adxudicarse mediante concurso público dos distintos medios establecendo tramos para que tódolos medios podan acceder ao pastel.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.