30
Presentada por Marea de Vigo
Proposta:
As nenas e nenos son suxeitos pasivos da política. Ao non ter dereito a votar, poida pare-cer que sexan cidadáns de segundo nivel, xa que eles e elas non participan na axen-da política e, en todo caso, fano a través da súa familia, docentes, etc.
Crear unha sociedade participativa é un reto que hai que crear desde o comezo e os ne-nos e nenas tamén teñen achegas interesantes para crear o modelo de cidade. Es-coitalos e poder valorar as súas propostas son retos democráticos que teñen case todas as institucións, por iso a creación dun espazo oficial no Concello de Vigo pode ser un punto de partida para que Vigo poida ser un referente na escoita e traballo ac-tivo a prol da infancia coa participación da infancia.