logo Marea de Vigo

Proposta:

O Concello outorgaralles carta de natureza ás novas formas de organización social e ga-rantirá co recursos (subvencións, convenios e axuda profesional) o seu labor, a través da Concellería de Participación Cidadá. Fornecerá con medios e asesorará na súa ac-tividade aos colectivos inscritos no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e ás pla-taformas e coordinadoras cidadás. Ademais, fomentará as boas prácticas de autoxes-tión de espazos públicos por parte da sociedade civil.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.