Vigo perdeu unha empresa pública de xestión da auga e saneamento
entrando a ser parte dun lucrativo negocio de empresas que, na súa maioría,
procedían do ámbito da obra pública e da construción. Hoxe é unha necesidade
social recuperar a auga e o saneamento para o público, nun contexto no que
moitas familias están privadas deste servizo por motivos económicos, sen
cláusulas sociais que garantan o abastecemento para os casos de pobreza e
exclusión social. Polo tanto propoñemos:
- Remunicipalización do
Servizo, tanto no seu abastecemento coma no seu saneamento.
- Asegurar a
correcta depuración das augas residuais segundo as normativas europeas.
- Tarifa xusta por consumo.
- Instauración do bono
solidario.
- Creación dun plan real de
depuración integral das augas luxadas.
- Nova normativa
de reutilización das augas grises na nova edificación.
- Plan de renovación xeral da
rede de abastecemento.
- Un plan de aproveitamento
para regadío e baldeo das rúas con agua da choiva, recollida en taques de
tormenta e depósitos para tales usos.
- Control da contaminación
das augas subterráneas.
- Nova normativa municipal
para a reutilización das augas de uso industrial por medio de circuítos
pechados.
- Eliminación inmediata e
substitución de todas as tubaxes que conteñan fibrocemento.
- Control exhaustivo dos
investimentos da contrata, debendo adicarse exclusivamente a accións
relacionadas coa mellora da rede de abastecemento e saneamento.
- Garantir un
consumo mínimo gratuíto de auga. Considerando que a orixe do problema do
abusivo recibo da auga en Vigo ten orixe no sistema que recolleu na concesión a
privatización da empresa municipal de augas EMAVISA nos anos 90 (consumo cun
primeiro tramo de 30 metros cúbicos bimensuais) o que significa ter un sistema
de tramos tarifarios tremendamente inxusto, (no recibo da auga págase un mínimo
de 30 m3/recibo bimensual, aínda que non se consuman, cousa que
ocorre en moitas vivendas con persoas maiores, ou con unha/un ou dous membros).
- Tendo en conta
tamén que nos últimos 12 anos o recibo da auga aumentou un 206%, catro veces o
IPC (se os veciños e veciñas de Vigo consumiran o que pagan xurdirían
rapidamente problemas de abastecemento en toda a cidade), Marea de Vigo propón,
para a xestión da auga, un sistema baseado no seu aforro e reutilización da
auga depurada. A proposta de garantir un mínimo vital de auga gratuíto de 4 m3/recibo,
e a partir de aí unha tarifa progresiva de xeito que se incentive o aforro.
Isto fará que
chegue menos auga ás depuradoras, e que poida ser depurada correctamente co
tratamento biolóxico necesario que garanta a calidade das augas da nosa ría.