Demandamos
control sobre as concesións á xestión privada, para propiciar que o servizo
chegue a todas as zonas independentemente da súa densidade de poboación.
Perdéronse boas
oportunidades de inverter a tendencia ao aumento desmesurado na xeración de
residuos que gastan unha enorme cantidade de recursos naturais e son un foco
importante de contaminación do aire, as augas e o solo e unha fonte de emisión
de gases de efecto invernadoiro, e desde os municipios debemos contribuír a
gañar o tempo perdido antes de que se promulgue a nova lei de residuos.
A redución é a
acción prioritaria nos discursos e disposicións lexislativas, incluído o plan
citado, con todo o Goberno queda moi curto na materia, limitándose a uns moi
poucos obxectivos, máis simbólicos que eficaces. De igual modo, deixouse pasar
a oportunidade para dar un impulso decisivo á reutilización, en particular de
envases, conformándose cos sistemas xa existentes, principalmente enfocados a
envases industriais e comerciais, o que supón unha proporción moi pequena dos
residuos.
Doutra banda, a
modificación da Lei de envases e residuos de envases, cuxo borrador data de
finais de 2007, segue sen aprobarse, polo que a cantidade destes residuos segue
en contínuo aumento, e non se modificou nin se reformulou o sistema de xestión
actual, a pesar de que non contenta nin ás administracións públicas, nin ás
organizacións ecoloxistas, nin á cidadanía.
-
Remunicipalización do servizo de xestión de RSU.
- Fomento de utilización de
ecoenvases e redución de envases en xeral.
- Fomento de reutilización de aparellos e útiles domésticos, como mobles, electrodomésticos,
elementos decorativos.
- Fomento de
políticas como a creación dun obradoiro de reparación de bens de consumo, para
segundas utilizacións.
- Políticas de diminución de
residuos urbanos nos domicilios mediante ferramentas de educación cívica.
- Estudo e posta
en marcha de propostas de reutilización de residuos sólidos orgánicos.
- Creación dunha planta de
biogás con os RSU.