logo Marea de Vigo

Proposta:

      Plan de aparcamentos para vehículos privados para reducir o uso no centro urbano. Crear ou ampliar estacionamentos anexos ás estacións de autobuses e tren, para promover que a xente saia/entre da cidade por eses medios.
Construción de aparcamentos para automóbiles na entrada do núcleo urbano conectados por transporte público co centro e evitando a construción de novos aparcamentos no centro urbano. Limitar as zonas de aparcamento no centro, dando como alternativa o estacionamento nos arredores promovendo a comunicación mediante transporte público. Implantar tarifas diferenciadas de estacionamento, en función dos lugares de maior sobrecarga de tráfico de automóbiles.

Comparte a proposta

1
emenda de Francisco javier Fernandez fernandez
suprimir:crear ou ampliar estacionamentos anexos as estacions de autobuses e tren para promover que a xente saia ou entre por eses medios.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.