logo Marea de Vigo

30
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Precisamos dunha política de cooperación supramunicipal para poder deseñar metas de obrigado cumprimento como a redución de emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro, reducir a dependencia enerxética, mellorar a calidade de vida a través dunha rede de transporte público comarcal áxil e que cumpra cos obxectivos que se planifiquen.

Todos os medios de transporte son complementarios desde un parámetro multimodal e deben ter o enfoque prioritario de reducir o uso do transporte privado, permitir cohesionar sociedade e territorio, mellorar a calidade de vida.

Unha boa ferramenta foi no seu día a xestión baixo o paraugas da Área Metropolitana, precisamente inexistente a día de hoxe a causa dos conflitos xerados a raíz da inclusión do transporte público urbano da cidade de Vigo. Consideramos necesario a súa reactivación.

 

Para acadar isto, propoñemos:

- Remunicipalización do servizo.

- Proposta de xestión cooperativa supramunicipal a través da Área Metropolitana.

- Identificación das eivas e necesidades de transporte nas parroquias.

- Integración do transporte marítimo.

- Incorporación do ferrocarril como unha das pezas básicas para o noso servizo de transporte público.

 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.