logo Marea de Vigo

24
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Do mesmo xeito que coa educación, na saúde tamén son escasas as competencias municipais. Con todo, baixo a mesma base, consideramos que existen moitas accións a levar a cabo dende a institución municipal.  A mellora da saúde, desde unha óptica centrada na mellora da calidade de vida, na inserción de hábitos saudables e, sobre todo, na mellora dos indicadores de saúde comunitarios, debe ser un dos nosos obxectivos primordiais.

Os municipios, como lugares de convivencia e de desenvolvemento das actividades que condicionan a nosa vida e o noso estado de saúde, son os lugares idóneos para actuar nas políticas públicas e para mellorar o nivel de saúde e de vida da nosa cidadanía.

Hai que actuar de forma integral con políticas transversais, e desde a participación sobre e os factores determinantes da saúde da poboación como elementos imprescindíbles para identificar os problemas e abordalos con garantías de éxito. Igualmente haberá que deseñar políticas de consumo responsable. Para acadar isto, propoñemos:

- Estudo da situación e colaboración efectiva coas asociacións e colectivos sen ánimo de lucro que prestan atención a persoas dependentes.

- Colaboración na asistencia sanitaria no municipio, con atención aos limítrofes.

- Mellora da situación dos centros de día.

- Impulsar a reversión ao público do Hospital Álvaro Cunqueiro por parte da Xunta.

- Ver a posibilidade de ter un servizo bucodental municipal e de xestión pública.

- Crear unha unidade de formación preventiva sanitaria para persoas con patoloxías crónicas e persoas que as atendan.

- A Marea de Vigo loitará por declarar o noso concello e a súa bisbarra espazo libre de produtos transxénicos, moi especialmente dos distribuídos e comercializados polas grandes transnacionais agroalimentarias. Facemos nosos os 29 puntos, o exhaustivo informe e o manifesto da Plataforma Galega Antitransxénicos.

 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.