logo Marea de Vigo

26
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

- Ampliación da rede pública de escolas infantís ata cubrir, en todo Vigo, a demanda do ciclo de 0 a 3 anos, ampliando as xa existentes ou creando novas nos barrios con maior demanda. Os horarios deste alumnado organizaranse combinando os tempos escolares e as necesidades das familias.

- Incrementar os cheques-comedor nos centros públicos co fin de dar unha maior cobertura social ás familias con menos recursos.

- Plan municipal de medidas específicas para favorecer o éxito escolar de todo o alumnado na educación obrigatoria, que concrete actuacións de apoio aos alumnos e alumnas que presentan dificultades de aprendizaxe desde o momento en que se detectan, así como actuacións para atender as necesidades específicas do alumnado procedente doutras culturas, do alumnado con problemas de exclusión social e do alumnado con algún tipo de discapacidade. O devandito Plan será aprobado inicialmente polo Consello Escolar Municipal (ou de Distrito) e proporase, para a súa aprobación definitiva e o seu financiamento, ao Consello Escolar de Galicia.

- Comprometémonos á concreción de políticas activas para que a mocidade non se vexa exposta á actual situación de exclusión e con escasas expectativas de poder emanciparse e realizar o seu proxecto vital. Vigo é unha cidade nova, cunha das pirámides de poboación menos envellecida de Galicia co que un programa de cambio social non pode artellarse sen contar cos mozos e mozas.

- Son os gobernos locais as institucións que antes detectan as violacións dos dereitos da infancia e quen máis e mellor traballan en programas de prevención dirixidos á infancia nos ámbitos sanitario, educativo e ambiental. O labor dos gobernos locais é fundamental para investir no presente e futuro da infancia, que representa case o 20 % do total da poboación.

- Plan Municipal de Emprego Xuvenil.

- Creación dunha Bolsa de emprego novo, non precario, a xornada parcial ou continuado que permita combinar estudos e traballo.

- Creación dunha Oficina Municipal de Asesoramento e Orientación Laboral.

- Plan Municipal de acceso á vivenda.

- Reactivación do Consello Municipal de Xuventude.

- Promoción do asociacionismo xuvenil.

- Axudas con base na renda para a participación en todo tipo de eventos culturais de patrocinio público, creación de espazos xuvenís municipais autoxestionados pola propia mocidade como forma de avanzar en dinámicas de corresponsabilidade co medio público.

- Deseño dun programa de ocio alternativo.

- Apoio ao deporte de base e deporte nos barrios, con especial apoio aos deportes minoritarios.

- Igualdade e atención á sexualidade.

- Erradicación dos valores machistas, patriarcais e recoñecemento da diversidade afectiva e sexual.

- Recuperación da actividade da Casa da Xuventude e de programas coma o “Súbete ao Castro” como alternativas de ocio e xestión de servizos orientados á xuventude que funcionaron neste concello nos pasados anos e foron eliminados. 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.