logo Marea de Vigo

26
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Vigo, a pesar de ter unha das taxas de mocidade máis importantes da comunidade, non deixa de ter o risco de camiñar cara a un envellecemento gradual da poboación. Ademais da política de defensa e mellora das pensións, son moitas as políticas de apoio a este colectivo que se poden facer desde o ámbito municipal. A primeira delas é detectar as necesidades e inquietudes dos cidadáns maiores e esixir solucións ao goberno do Estado e ao autonómico.

Propoñemos a Creación de Plans Municipais Integrais de Atención a Persoas Maiores, en coordinación técnica, organizativa e financeira coas outras administracións, plans que contemplen, polo menos, os seguintes eixos:

- Na Lei de Dependencia defendendemos unha estrita e avanzada aplicación no seu desenvolvemento normativo, en corresponsabilidade administrativa e na implementación de recursos, co enfoque de que as persoas maiores que poidan e desexen vivir na súa casa poidan facelo cos apoios necesarios.

- Propoñemos a creación de recursos municipais que observen o abono do gasto efectuado en apoios imprescindibles: lentes, audífonos, prótese dental, ortopedias.

- Implantación do servizo de teleasistencia pública ás persoas maiores que vivan soas, priorizando ás que non poidan moverse ou desprazarse fóra dos seus domicilios.

- O Servizo de Axuda no Fogar é un soporte imprescindible para conseguir que as persoas maiores continúen na súa vivenda canto sexa posible, polo que deberá ser garantido dende o concello.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.