logo Marea de Vigo

24
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

O deporte converteuse nun fenómeno social. Pero a promoción do deporte de elite non debe ser función dos concellos, si é a súa función potenciar a actividade deportiva da poboación, organizar escolas de iniciación, ofertar a aprendizaxe de disciplinas deportivas ou organizar competicións deportivas cara á formación de nenos/as e novos ou favorecer un lecer saudable para as persoas adultas ou a terceira idade.

A consideración do deporte e da actividade física como un dereito converteu en necesidade actividades como a natación e provocou que o ámbito asociativo con maior número de participantes sexa o deportivo. Como consecuencia diso as piscinas cubertas pasaron de ser instalacións de luxo a equipamento de primeira necesidade. O mesmo cabe dicir dos ximnasios.

Por todo iso, porque consideramos que os municipios son o ámbito ideal para a promoción dun lecer saudable, queremos realizar unha forte aposta polo deporte municipal:

- Implantando unha rede de equipamento deportivo ao longo de todo o termo municipal.

- Optimizando o uso das instalación deportivas escolares xa existentes na medida das súas posibilidades, e completándoas a fin de lecer e promoción fóra do horario escolar e deseñar pavillóns deportivos cubertos xunto a colexios e institutos se fosen necesarios.

- Programando escolas deportivas co maior número de especialidades dirixidas tanto á infancia como á mocidade, ás persoas adultas e á terceira idade.

- Expoñendo un sistema de competicións deportivas no ámbito infantil e escolar, antepoñendo o educativo cooperativo ao meramente competitivo, favorecendo a non discriminación e fomentando o acceso ao deporte de todos e de todas independentemente das calidades físicas.

- Ofrecendo ás persoas adultas actividades deportivas como alternativa de lecer: ximnasios, competicións, etc.

- Fomentando actividades específicas para persoas con diversidade funcional e outras que permitan a súa integración co resto da poboación.

- Deseñando actividades para a terceira idade en coordinación cos servizos de saúde.

- Procurando desenvolver experiencias de co-xestión con entidades deportivas locais sen ánimo de lucro, co fin de fomentar a participación da sociedade organizada na xestión municipal.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.