logo Marea de Vigo

24
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

O Concello debe buscar a redución dos impactos ambientais do turismo, asegurando unha ampla diversidade de formas turísticas e integrar máis armónicamente as necesidades do turista e as da poboación local.

Para iso manteremos equilibrado o territorio municipal e incrementaremos a integración do turista coas características sociais e culturais locais. O turismo sustentable necesita contemplar as condicións actuais e as perspectivas futuras para definir unha estratexia de sustentabilidade viable no social, ambiental e económico.

A oferta turística debe integrar todos os recursos locais, ecolóxicos, culturais, monumentais, artísticos, gastronómicos, folklóricos, etc, e abrirse desde o local ao contexto temporal e aos espazos territoriais comarcais e rexionas próximos, dimensionando os aspectos temporais para reducir ou eliminar a estacionalidade.

Un factor esencial para a xestión sustentable dos espazos turísticos é a existencia da Axenda 21 Local (que é??). Os efectos do turismo de masas en numerosas áreas do mundo e do territorio español son sobradamente coñecidos, estendéndose polos campos da degradación ambiental, paisaxística, social e cultural.

Entre os elementos imprescindibles para lograr un turismo sustentable destacan a protección e conservación da enerxía, a auga, o aire e o chan, usando materiais autóctonos e reducindo a xeración de residuos. Incorporando o transporte sustentable. Fomentando a sensibilización respecto ao resto da natureza, a preservación, a conservación e a biodiversidade, entre os habitantes locais e as persoas visitantes. Utilizando instrumentos apropiados para identificar os límites de carga do territorio e para reducir todo o posible os impactos ambientais. 

É necesario efectuar o seguimento e investigación do impacto real das actividades turísticas nos ecosistemas, a biodiversidade, as culturas e o tecido socioeconómico local. Brindar o apoio técnico, financeiro, educativo, de capacitación e outros aspectos, ao tecido social organizado, asociacións e pequenas empresas para cerciorarse de que se aplican as políticas que promoven a sustentabilidade. Cooperar desde a administración local co resto de organizacións públicas e coas privadas, para garantir que os datos e a información que se xeran no seguimento e investigación canalízanse para apoiar os procesos de toma de decisións no desenvolvemento e a xestión do ecoturismo.

 

O noso programa de turismo sustentable conten propostas de:

      - Preservación da biodiversidade e de hábitat naturais (especialmente as Illas        Cies).

      - Conservación da natureza e da cultura humana.

      - Preservación do noso rural e da etnografía análoga. Reequilibrio das zonas onde      se produciu unha sobreexplotación dos recursos naturais.

      - Integración de áreas naturais protexidas nos plans e programas de     desenvolvemento sustentable do territorio.

      - Concienciación da as comunidades locais do valor natural da súa contorna.          -         - Incremento da influencia local sobre as decisións tomadas na actividade turística       da súa contorna.

      - A xeración de beneficios directos e indirectos para a comunidade local. A creación de postos de traballo alternativos.

      - Redución do impacto do turismo estacional .

 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.