logo Marea de Vigo

25
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Recoñecemento da política de cooperación ao desenvolvemento como unha política mu-nicipal pública e social:
- Garantir dotacións orzamentarias suficientes para o desenvolvemento das políticas mu-nicipais de cooperación ao desenvolvemento. Para isto, deberán incrementarse as dotacións actuais ata chegar a unha dedicación mínima dun 0,2% dos orzamentos xerais consolidados durante a próxima lexislatura. Deste xeito, poderase conseguir un crecemento gradual cara ao obxectivo do 0,7%.
- Retomar o apoio do Concello de Vigo ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, sendo este un actor estratéxico da cooperación local galega así como o organismo onde concentrar a suma da vontade solidaria dos diferentes entes locais galegos.
- Vigo debe ser exemplo dunha aposta decidida pola cooperación desde a administración local. Isto pasa por garantir convocatorias abertas en concorrencia competitiva para a posta en marcha de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e de Educación para o Desenvolvemento en alianza co tecido asociativo da cidade e da provincia.

Comparte a proposta

1
emenda de Guillermo Crego Rodríguez
Que a dedicación mínima dor orzamentos xerais sexa on 0,4% en vez de un 0,2%

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.