logo Marea de Vigo

Proposta:

Desenvolvemento das competencias tributarias municipais, dotándoas de maior autonomía de xestión que permitan introducir mecanismos correctores máis acordes coa realidade territorial e social do municipio. Consideramos fundamental que se compense a substitución do IAE cun imposto que grave o beneficio e non a actividade e en todo caso que a compensación prometida do IAE chegue aos municipios. 
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.