logo Marea de Vigo

Proposta:

      Reforma integral do PIE (participación das entidades locais nos ingresos do Estado). Propomos acabar co actual sistema dual que prima ás grandes cidades sobre as medianas e pequenas e que valora á cidadanía en función do tamaño da poboación en que reside. Hai que establecer parámetros obxectivos (poboación como básico) e definir factores compensadores para os municipios con maiores necesidades sociais ou algún tipo de afección territorial. A cantidade que os concellos reciben do Estado debe ser transparente, de fácil cálculo, comprobábel e estábel.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.