logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Cremos nunha política fiscal progresiva que permita políticas redistributivas, posibilitando a potenciación dos servizos públicos e o tratamento económico diferenciado en función da renda. O actual espazo fiscal propio municipal leva consigo unha escasa capacidade de intervención dos gobernos locais, xa que a través das ordenanzas fiscais só é posíbel establecer tipos impositivos que se aplican sobre parámetros iguais para todas e todos, así como xerar algunhas ou todas as exencións contempladas na lei, exencións que sempre van en detrimento da cobranza. Por iso, esta organización política volve a incidir na ampliación do espazo fiscal local, aumentando a capacidade normativa municipal.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.