logo Marea de Vigo

Proposta:

      Coherentemente cos valores democráticos da República, defendemos a potenciación dos servizos e entes públicos, desde un funcionamento eficiente e eficaz como única garantía de redistribución e satisfacción real da renda e os dereitos sociais da maioría da cidadanía. Orientaremos as nosas actuacións preferentemente cara á xestión directa e, dentro desta, a elección de cada modalidade axustarase á natureza e o tipo de actividade e servizos. En todo caso expoñemos como elemento diferencial a xestión participativa. Destacamos tamén, a racionalización e laicización da vida veciñal, facendo efectiva a separación entre Igrexa e Estado tamén nos ámbitos locais para que a Administración sexa realmente imparcial nas cuestións relixiosas.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.