logo Marea de Vigo

Proposta:

      Cumprimento municipal da Lei 57/2007 de 26 de decembro, coñecida popularmente como Lei da Memoria, pola que se recoñecen e amplían dereitos, establecendo medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura. Especialmente no tocante ao seu artigo 15, sobre símbolos e edificios públicos. O Concello de Vigo será un axente activo, retirando toda a simboloxía fascista e franquista que legalmente estea capacitado a eliminar e traballando, con outras organizacións, para retirar dita simboloxía e denunciar os flagrantes incumprimentos da lei.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.