logo Marea de Vigo

Proposta:

  Comunicación institucional en galego.

A ordenanza municipal de normalización lingüística de 17 de maio de 1989 establece, no seu artigo XI do Capítulo I, que os cargos do Concello se expresarán en galego nos actos públicos. Polo tanto, defendemos que o Goberno municipal cumpra e faga cumprir esta ordenanza, expresándose normalmente en galego nos actos públicos. A expresión pública en galego comezará polas intervencións nos Plenos, onde, acotío, non se respecta esta medida, perpetuando a relegación da lingua galega a usos coloquiais e familiares, afastándoa dos usos públicos e oficiais. Unha concepción acomplexada e prexuizosa da nosa lingua que, ademais, contravén a normativa pola normalización lingüística que debe cumprir o Concello de Vigo.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.