logo Marea de Vigo

Proposta:

      Pola dinamización da lingua.

O Concello de Vigo conta cun Plan de Dinamización Lingüística, aprobado polo Pleno, que está aínda sen desenvolver. Este Plan, anticipo dalgunhas liñas mestras do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXLN), que derrogou o PP, garante e crea ferramentas para a normalización lingüística do galego. Proponse, por tanto, defender un desenvolvemento do devandito Plan que favoreza o uso e protección do galego, desde o respecto á diversidade cultural viva na nosa cidade e conscientes de que formamos parte dunha cultura e identidade singulares que enriquecen a toda a comunidade.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.